Adrián González (@adrienone)

  • Inicio
  • Sobre min
  • Traballo
  • Contacto

Spot Publicitario Entre Os Ríos – Hotel Rural y Enoturismo

O verán de 2021 os xerentes do Hotel Rural »Entre os Ríos» decidiron que sería unha boa idea poñer en valor o seu complexo hostaleiro mediante un vídeo promocional ou máis ben un spot publicitario. Así que decidiron buscar unha empresa que lles ofrecera este servizo, e dende a maior das miñas humildades non puideron escoller a un profesional que conecte mellor con este proxecto que min. Esta casa rural sitúase nun dos meus lugares favoritos do mundo: o enclave do Río Pedra na Pobra do Caramiñal. Un paraxe cun valor natural incrible, e que coñezo coma se fose a miña segunda casa. Polo tanto traballar aquí para min foi un enorme pracer.

A rodaxe tivo lugar nunha tarde soleada de xullo de 2021. O cliente decidiu tamén agregar imaxe aérea (dron) para lucir ao 100 % o entorno que rodea este hotel, e tanto se foi un acerto. A montaxe demorou uns meses a causa da participación extra doutros profesionais, como foi a redacción da locución ou a mesma gravación da voz, que neste proxecto volvemos a contar ca incrible voz de Rocío Romero Otero, que desta vez puido lucirse ao completo e demostrar o seu perfecto manexo en tres linguas para tres versión diferentes do vídeo: GALEGO, INGLÉS e CASTELÁN (fai click en cada unha para visionala).

Agradecer a César e a súa familia por confiar en min a ardua tarefa de intentar transmitir nun vídeo o que se pode chegar a sentir na súa casa rural. Así como a Vanesa e Alberto por ser os mellores figurantes que un cámara pode ter.

Se ti tamén necesitas dar a coñecer o teu proxecto ou empresa a través de contido audiovisual (foto ou vídeo) podes escribirme a: info@adrienone.com

 

  • CLIENTE Entre Os Ríos - Hotel Rural y Enoturismo
  • ANO 2021
  • TRABALLO Vídeo
  • PARTNERS Rocio Romero Otero (locutora) + Vanesa e Alberto (figurantes)
  • CATEGORÍA Imaxe Aérea , Vídeo
  • ETIQUETAS
VER EN YOUTUBE PREVIEW

Todos os dereitos reservados. Páxina web creada por Carlos Freelance.

SUBIR