Todos os dereitos reservados. Páxina web creada por Carlos Freelance.
Vídeo corporativo ou mais ben spot publicitario para a prestixiosa casa rural do meu pobo »Entre os Ríos», o seu nome ven dado por encontrarse nun enclave único onde o Río Pedras (A Pobra do Caramiñal) se divide en dous tramos e no medio naceu esta hospedaxe de luxo natural. Este foi un deses traballos cos que conecto enormemente co proxecto, xa para min esta paraxe natural do Río Pedras é un lugar único, e poñerlo en valor cun vídeo promocional é unha gozada.
A xornada de gravación tivo lugar nunha tarde soleada de xullo, e a montaxe foi un proceso máis lento que conlevou participación externa como a redacción da locución, ou a propia gravación da voz, que unha vez máis contamos con Rocío Romero Otero, esta vez en triple lingua para tres versións diferentes: galego, inglés e castelán.
Moitas grazas a César por contar conmigo para este proxecto, así como a Vanesa e Alberto por facelo tan ben de figurantes.
Aquí podedes ver un pequeno making-of da xornada de gravación.
Se ti tamén precisas dun vídeo para dar a coñecer a túa empresa ou proxecto escríbeme a: info@adrienone.com
- CATEGORÍA