Adrián González (@adrienone)

  • Inicio
  • Sobre min
  • Traballo
  • Contacto

Videoclip Ghalopín de ILMARTO

Este videoclip foi gravado na terraza interior dun piso de Santiago de Compostela. Martín Sampedro (Ilmarto) quería unha estética »marronera» para o seu tema GHALOPÍN, un neotrap progresivo que fala da percepción do tempo. Coa idea de Julio Catalán, mediante café e terróns construímos unha posta en escena para representar ese paso do tempo. Logo en postprodución xoguei cas velocidades de reproducción. Ao estar gravado en 100 fotogramas por segundo puiden relentizar o vídeo ata o 25 %. Tamén hai partes a mais de 1000 % de velocidade de reprodución. Tras dúas semanas montando todos os pequenos clips que cambian cos golpes de música en 13/4 púxenme ca cor, unha tonalidade verdosa-baixa en intensidade.

  • CLIENTE ILMARTO
  • ANO 2020
  • TRABALLO Vídeo
  • PARTNERS Narci Rodríguez, Guille Rodríguez, Zalo Rodríguez, A Casa do Rock, Iapo Pico, Pouland, Julio Catalán
  • CATEGORÍA Vídeo
  • ETIQUETAS
Vídeo en YouTube PREVIEW

Todos os dereitos reservados. Páxina web creada por Carlos Freelance.

TOP