A cerca de
Adrián González

Quen son?

Difícil pregunta. Son un artista multidisciplinar, foto-creador e freelance audiovisual. En outras palabras: fotógrafo, videógrafo e deseñador gráfico, nesa orde de especialización, a veces combinando as tres e outras por separado. Todo isto gústame aplicalo ás redes sociais e web, un medio emerxente en constante cambio que require adaptación imediata e intuición. Estas son as 10 materias que mellor me definen profesionalmente:

  • Fotógrafía
  • Vídeo
  • Imaxe Aérea (Drones)
  • Deseño gráfico
  • Ilustración
  • Dirección de fotografía (Cine)
  • Operador de cámara
  • Eventos, retrato, produto, corporativa...
  • Spots, música, experiencias...
  • Turismo, naturaleza, deportes...
  • Cartelería, banners, portadas...
  • Graffiti, caricaturas...
  • Documentais series, curtametraxes...
  • Gimbal, grúa, slider...

Autónomo

2016 - presente

Nunca tiven un contrato

Curiosamente nunca traballei formalmente para ninguén, pero sí que traballo para empresas que me contratan como man de obra externa en picos de produción ou simplemente por necesidade específica. Aínda que a parte máis importante é a miña marca persoal, onde clientes de todo tipo acoden a min para buscar solucións creativas. 

Educación

Estudiei bacharelato científico-técnico no IES Nº 1 de Ribeira e logo Enseñanza Superior de Fotografía Artística na escola EASD Mestre Mateo de Santiago de Compostela. En 2016 rematei de estudar e xa comecei a traballar, pero actualmente sigo en constante formación con diversos curos, seminarios, talleres, congresos...

Hobbies

O meu hobby é o meu traballo, ou o meu traballo é o meu hobby. No meu tempo libre traballo. Ou estou sempre traballando ou sempre desfrutando.
Non, en serio. Gústame descubrir lugares, perderme pola natureza, asistir a eventos culturais e sociais, coñecer xente nova, practicar deportes de todo tipo, facer bricolaxe na casa... Todo isto e máis inflúe positivamente no meu traballo, por iso me custa tanto buscar a diferenza.

SUBIR